17.12.06




Jaén
1986
BSO: "Txus" /La Polla Records


Arriba telón


Novembro. Botei o día picando dedo. Solpor atravesando Despeñaperros, beleza a pico. O tipo que me trouxo fumaba chirris e sabía liar cunha soa man. Coa outra tróuxome ata Jaén, que apareceu pola estrada cun algo de elogotídequenvesendo. En Jaén dúrmese na Praza das palmeiras, non hai albergue. Tampouco vai demasiado frío, asi q atópome ben metido no saco, rodeado de pes negros fumadores de shillums. A mochila de almofada. O pincho debaixo. As pelas nos collóns. Sinto murmullos e risas, cans, vento africano nas palmeiras, o discutir areoso de dous ionkis con ese acento universalizado que da o jaco. Na Cruz Roja dan vales pra cea, pero non vou. Teño pan de goma madrileño e queixo galego que comparto cos veciños, dous vellos de 35 anos. Un deles non ten dentes pero sí ten uns ollos negros que brilan con calor baixo trinta pelexos. Sacan viño e falan fazañas cautivadoras e esaxeradas. Sáelles o puntiño paternal, pero non hai advertencias nen consellos. Só xustificacións que eu non pido. Máis viño e un shillum. Vaise anubando o punto paternal. Estánme a escanear coas preguntiñas, tirándome da lingua a ver qué se pode sacar deste pipiolo con cresta. Tíos, non vin a aprender a abusar. Vin a vivir o humano das sociedades satélites, a comunión da contra. A primeira na fronte. Alego pálida. A man baixo a mochila. A durmir

Abaixo telón

No hay comentarios: