17.12.06




Compostela
1985
BSO: "cucarachas"/Rosendo

Arriba telón.

É noite. Estou deitado nunha hamaca de plástico branco. Ó meu redor máis plástico branco en forma de mesas, sillas, sombrillas, mobiliario de terraza. Intenso cheiro a oríns de gato. O teito a 10 metros de min. Oscuridade rota por dúas ou tres veliñas esforzadas, mais o espazo é enorme e apenas consiguen recortar as siluetas. Moita humedade. Hai unha folla de baldeo rondando a miña gorxa. O baldeo é meu, de 7 estalos, tipo Curro Jiménez, moi bonito. Pero non está nas miñas mans. Os colegas estánme a dar o pau. Semella un mal chiste. Non hai medo en min. Estou paralizado pola sorpresa, iso sí. Isto rompe calquera guión. Pablo sentado enriba das miñas pernas, inmovilizándome e rindo. Mallo facendo gracias co meu baldeo ó redor da miña carótida

-"donde tienes la guita?"

Alex mírame con cara de "eu non fun", pero marcha con eles.

Lévanno todo, 15.000 pelas, o baldeo e unha parte da miña inocencia. Somos amigos. Sinto aprecio por eles. Levo catro días escapado da casa e contaba coa súa cobertura. Déixanme sen recurso ningún. Déixanme só. Vanse fumar e pinchar entre risos os meus 15.000 soños. Fico noqueado. Cómo é posible?

As veliñas de chama tremorenta queren iluminar un abismo. Unha nada.

Agora sí sinto medo. E frío.

Abaixo telón

1 comentario:

Anónimo dijo...

acabo de sentir esa navalla pegada ao meu pescozo... uffff. xenial, encántame como o describes!!!!